O galego é o meu idioma , pero hai xente que ten moitos prexuízos, como que é un idioma de vellos e de xente inculta ; pero non son as persoas maiores as máis sabias e filósofas xa que teñen toda unha gran vida feita? O 65% da poboación fala galego pero este número diminúe pouco a pouco sen parar, e os causantes son os medios de comunicación e a ensinanza en castelán igual que as páxinas de Internet. Pero por que insultan ao galego cando é tan bo coma o castelán? Para nós o galego é o noso patrimonio, a lingua do amor e do cariño. A lingua na que dicimos que nos queremos.
Unha forma de disminuír a discrimiación é que os medios de
comunicación estivesen en galego, igual que o ensino e a radio. Non podemos tirar pola borda todo o traballo de
séculos e séculos de formalo, os seus verbos, as súas oracións e
os seus substantivos.
Por María santamaría, Vanesa Soutullo, Lucía Fontán, Amaranta Rial (2º A)
Ningún comentario:
Publicar un comentario