Galicia a medias
Segundo datos da Xunta de Galicia, a porcentaxe de galego falantes baixa 13 puntos en 10 anos. É realmente Galicia una sociedade bilingüe?
Facémonos unha pregunta, é Galicia unha sociedade
bilingüe ou diglósica? Pois ben, a Xunta de Galicia sacaba hai 4 anos uns datos
que nos mostraban que cada vez o galego é menos usado por nós mesmo. O galego
baixaba nuns 13 puntos mentres que o idioma do castelán subía pouco a pouco ata
uns 15 puntos.
Si mergullamos na historia as escolas usaban o mesmo
idioma para case todas as materias, a expensas da lingua castelá, todas as
materias se ensinaban en galego. Agora 50 anos despois as materias repártense
entre galego e castelán. Tamén, cando nós iamos a un banco ou a unha
institución o galego predominaba por enriba de todo e mesmo moitas das cartas
que nos chegaban do concello ou do banco viñan en galego, o resultado é todo o
contrario. Os oficinistas falan todos castelán e calquera carta que recibas ven
escrita en castelán. Outro dato é que os xornais veñen todos en castelán.
Recordamos que o Estatuto de autonomía de Galicia dítanos
o seguinte no artigo 5:
5.1. A lingua propia de Galicia é o galego.
5.2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia
e todos teñen o dereito de coñecelos e usalos.
5.3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso
normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os
planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios
para facilitar o seu coñecemento.
5.4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
Estamos cumprindo os galegos isto?, moito que
reflexionar.
Despois de todos estes datos, podemos responder a pregunta
que faciamos o principio, é Galicia
diglósica ou bilingüe? Pois tristemente cada vez o idioma de Rosalía é menos
usado por todos os galegos. Galicia é unha sociedade diglósica e debemos
evitalo de todas as maneiras. Temos conservalo porque Galicia debe conservar o
seu idioma, o noso idioma. Galicia depende de nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario