mércores, 29 de marzo de 2017

Discrimínannos por falar galego?


Discrimínannos por falar galego?


     Cada vez hai menos falantes do galego, isto débese a influencia do castelán. Este atópase en todas partes: na televisión, nas revistas, nos libros, etc.
     A maioría dos pais ensinan a falar castelán aos seus fillos. Moita persoas pensan que por falar galego somos menos ca eles, porque antigamente o galego só o falaban as persoas que traballaban no campo, críase que era un idioma de pobres.
     Cando saes de Galicia e falas galego as persoas mírante mal e mesmo parece que están a falar de ti.
     O galego estase a perder e sería unha pena xa que é unha lingua fermosa que outras persoas queren aprender. A nosa lingua é o que nos fai únicos e deberíamos falalo sen medo e estar moi orgullosos dela por iso falémolo sen temer o que pensen os demais.
     Falemos a nosa lingua libremente!
Por Almudena Meis (2º A)

1 comentario:

  1. Na actualidade ,cualitativamente, o galego está en ámbitos que anteriormente serían inimaxinables mais cada vez é máis normal atopar a profesionais que o empregan normativamente no seu ámbito laboral. Porén no aspecto cuantitativo non se logrou deter o proceso de substitución polo castelán para a desgracia de tódolos galego falantes e neofalantes. Isto ocorre xa que os piares fundamentais nos que se basea a nosa sociedade patriarcal e estamental, como o son a Igrexa e a Administración, empregan o castelán menospreciando o noso legado cultural e lingüístico. Nembargantes hai indicios positivos como : o galego segue sendo a lingua falada maioritaria na nosa terra e hai recuperación de número de falantes grazas a mocidade urbana que defenden a nosa lingua, o acceso do galego ao mundo informático(como este blog) e no ámbito musical como grupos como Rebeliom do Inframundo e Ezetaerre ( sendo os primeiros na normalizacón musical en galego Voces Ceibes seguidos de Ana Kiro e Pucho Boedo.

    Para que a normalización sexa un éxito cada un ten que aportar o seu gran de area.

    Un saúdo. (Alba Paz Castro)

    ResponderEliminar