É verdade que os estudantes usamos unha xerga propia?
Todos sabemos
que hoxe en día en Galiza os estudantes teñen unha xerga propia.
Os estudantes hoxe en día teñen unha xerga propia que utilizan
no centro onde estudan, na súa casa, cos
seus amigos e moito máis... co que expanden esa fala. Estes utilízana cando non
saben como dicir unha palabra, ou cando queren abreviala ou incluso porque lles
é mais fácil pronunciala e dicila.
Hai moitas palabras que os estudantes usan dentro da súa xerga,
por exemplo, o que hoxe en día é unha rica e saborosa chuleta, para os
estudantes é unha salvadora palabra para poder copiar e aprobar os exames.
Cando non ligamos os estudantes din
que non pillan e se teñen moito
éxito din que o petan.
Non só os estudantes usan xergas senón tamén médicos,
presentadores, deportistas, policías, etc...
Isto non só se fai en Galiza; as xergas úsanse por todo o mundo en
distintos idiomas e en diferentes lugares como os ciclistas por todo o mundo
cando van competir.
Por Óscar González, Anxo Gonzalo, Mario Lerio e Francisco Javier Abal (2º B)
Por Óscar González, Anxo Gonzalo, Mario Lerio e Francisco Javier Abal (2º B)
Ningún comentario:
Publicar un comentario