Consideramos que hoxe en día, segundo pasan os anos as persoas falan menos o galego, por exemplo, cando imos pola rúa a maioría da xente que fala esta lingua é a xente maior, mentres que a mocidade fala máis o castelán; isto provocará que nun futuro non queden galegofalantes.
Cremos necesario facer unha serie de medidas para evitar que esta lingua non desapareza:
- Falar máis o galego
- Poñer máis materias en galego na escola ou na universidade, xa que está ao 50%.
- Non cambiar a nosa fala cando nos falan en castelán, a non ser que sexan estranxeiros.
- Facer máis películas en galego e dobrar as actuais.
- Máis videoxogos na nosa lingua
- Máis música en galego
- Máis libros en galego
- É necesario premiar ou recoñecer a aqueles que utilizan a nosa lingua.
- Que nos comercios nos atendan en galego.
- Os xornais facelos na nosa lingua.
- Poñer máis páxinas web en galego.
- Máis aplicacións para dispositivos móbiles en galego.
Estas serían algunhas das medidas que cremos necesarias para evitar que o galego desapareza. Consideramos que estas ideas son unhas das máis importantes. A desaparición desta lingua provocaría a extinción de culturas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario