mércores, 29 de marzo de 2017

Discrimínannos por falar galego?


Discrimínannos por falar galego?


     Cada vez hai menos falantes do galego, isto débese a influencia do castelán. Este atópase en todas partes: na televisión, nas revistas, nos libros, etc.
     A maioría dos pais ensinan a falar castelán aos seus fillos. Moita persoas pensan que por falar galego somos menos ca eles, porque antigamente o galego só o falaban as persoas que traballaban no campo, críase que era un idioma de pobres.
     Cando saes de Galicia e falas galego as persoas mírante mal e mesmo parece que están a falar de ti.
     O galego estase a perder e sería unha pena xa que é unha lingua fermosa que outras persoas queren aprender. A nosa lingua é o que nos fai únicos e deberíamos falalo sen medo e estar moi orgullosos dela por iso falémolo sen temer o que pensen os demais.
     Falemos a nosa lingua libremente!
Por Almudena Meis (2º A)

Prexuízos lingüisticos


O galego é o meu idioma , pero hai xente que ten moitos prexuízos, como que é un idioma de vellos e de xente inculta ; pero non son as persoas maiores as máis sabias e filósofas xa que teñen toda unha gran vida feita? O 65% da poboación fala galego pero este número diminúe pouco a pouco sen parar, e os causantes son os medios de comunicación e a ensinanza en castelán igual que as páxinas de Internet. Pero por que insultan ao galego cando é tan bo coma o castelán? Para nós o galego é o noso patrimonio, a lingua do amor e do cariño. A lingua na que dicimos que nos queremos.

Unha forma de disminuír a discrimiación é que os medios de comunicación estivesen en galego, igual que o ensino e a radio. Non podemos  tirar pola borda todo o traballo de séculos  e séculos de formalo, os seus verbos, as súas oracións e os seus substantivos. 

Por María santamaría, Vanesa Soutullo, Lucía Fontán, Amaranta Rial (2º A)

O GALEGO TEN PREXUÍZOS 

 LINGÜISTICOS

 Meaño, Alejandro Barbeito e Pablo Fariña (2º A)
Dende o franquismo, o galego ten prexuízos, porque en Galicia, fálanse dúas linguas que non están na mesma situación.

 Os castelanfalantes poden realizar actividades cotiás como ir ao cine, ler o xornal, xogar aos videoxogos… mentres que os galegofalantes non poden facelo na súa lingua.

Os galegofalantes saben falar galego e castelán, mentres que os castelanfalantes saben falar castelán, pero cústalle falar galego.

Ao galego pásalle cómo ao polaco, que ás veces confúndeno cun dialecto do ruso.

O galego fálano cada vez máis as persoas maiores, xa que os mozos son dende pequenos son instruídos no castelán.

Algo que a xente non sabe, é que a nosa lingua é diferente e única porque só a falamos nós. Ademais, por número de falantes é a número 160 entre as  5.500 linguas do mundo, e a 23 entre as 150 europeas. Polo cal se demostra que o galego é unha lingua moi importante, e debería de ser máis empregada.

Galicia a medias


Galicia a medias

Segundo datos da Xunta de Galicia, a porcentaxe de galego falantes baixa 13 puntos en 10 anos. É realmente Galicia una sociedade bilingüe?

Meaño. Miguel Agís e Kevin Fernández (2º A)

Facémonos unha pregunta, é Galicia unha sociedade bilingüe ou diglósica? Pois ben, a Xunta de Galicia sacaba hai 4 anos uns datos que nos mostraban que cada vez o galego é menos usado por nós mesmo. O galego baixaba nuns 13 puntos mentres que o idioma do castelán subía pouco a pouco ata uns 15 puntos.
Si mergullamos na historia as escolas usaban o mesmo idioma para case todas as materias, a expensas da lingua castelá, todas as materias se ensinaban en galego. Agora 50 anos despois as materias repártense entre galego e castelán. Tamén, cando nós iamos a un banco ou a unha institución o galego predominaba por enriba de todo e mesmo moitas das cartas que nos chegaban do concello ou do banco viñan en galego, o resultado é todo o contrario. Os oficinistas falan todos castelán e calquera carta que recibas ven escrita en castelán. Outro dato é que os xornais veñen todos en castelán.
Recordamos que o Estatuto de autonomía de Galicia dítanos o seguinte no artigo 5:
5.1. A lingua propia de Galicia é o galego.
5.2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de coñecelos e usalos.
5.3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
5.4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
Estamos cumprindo os galegos isto?, moito que reflexionar.
Despois de todos estes datos, podemos responder a pregunta que faciamos   o principio, é Galicia diglósica ou bilingüe? Pois tristemente cada vez o idioma de Rosalía é menos usado por todos os galegos. Galicia é unha sociedade diglósica e debemos evitalo de todas as maneiras. Temos conservalo porque Galicia debe conservar o seu idioma, o noso idioma. Galicia depende de nós.

A xerga estudantil


A xerga estudantil
Xerga é o  nome que recibe unha variedade lingüística da fala diferente da lingua estándar e a veces incomprensible para os falantes desta, usada con frecuencia por distintos grupos sociais con intencions de ocultar o verdadeiro significado das súas palabras, a súa conveniencia e necesidade.

Estes son algúns dos exemplos de xerga estudiantil:

 1.- Facer pellas. Facer pellas é decidir voluntariamente saltarse a clase. 
 2.- Dar no clavo. Acertar, adiviñar.
 3.- Catear. Suspender unha materia, non aprobar.
 4.- Tocho. Un tocho significa un montón, moito . 
 5.- Ter un cacao. Significa estar feito un lío.
 6.- Sacar algo coa gorra. Significa que algo nos resulta doado.
 7.- Non pillar. Adóitase dicir “non o pillo”, é dicir ¿enténdelo?.
 8.- Ir de cu. Utilízase para dicir “vou mal”, máis que mal, fatal.  
 9.-Cagala. Equivocarse, meter a pata.
10.-Fóiseme a ola. Perdinme, despisteime, esquecinme.
 11.- A pata. Ir a pé.
As nosas conclusións son que os estudantes empregamos diferentes tipos de  palabras tan só para aforrar tempo e aongar menos a conversa. E ó igual que no ámbito profesional, no ámbito estudiantil tamén hai diferentes variantes dependendo da zona na que esteamos situados .
Por Fátima Castro, Iria Oubiña e Emma Fontán (2º C)