Todos os días me ergo cun sorriso pensando que sigo estando
en Solarium xunto a miña mellor amiga, Lira, camiñando polos verdes prados, sen
preocuparme de nada. Entón volvo á realidade; decátome de que non volverei
xamais, que non verei nunca a Lira. De súpeto escoito a miña nai berrar:
-
- Vicki, baixa a almorzar!
Perdón, non me presentei. Chámome Vicki, teño doce anos, o
pelo loiro cunha mecha laranxa, gústame o balonmán, pintar e facer
coreografías.
Agora xa podemos seguir coa historia.
Solarium é un mundo que está noutra dimensión. É un mundo parecido ao noso, pero non hai contaminación. Hai verdes prados, árbores fermosas, altas e verdes; tamén hai seres que non son humanos:
O mundo Solarium está dividido en catro partes . É un mundo moi estraño dividido desta maneira:
Cada parte ten un rei:
PARTE
|
REI
|
Xaxún
|
Sadide
|
Gala
|
Lóbra
|
Cóspeda
|
Tam
|
Vasíl
|
Angún
|
Todos os reinos se levan ben entre si e nunca pelexan. Eu cheguei a ese mundo tan extraordinario grazas ao meu amuleto; cando o mundo está en perigo, empeza a producir luz.
Ben, teño que deixarvos. Miña nai impaciéntase.
P.D.: Si, estou triste por non volver a Solarium, pero así estou máis tranquila porque sei que non está en perigo.
Adeus.
Por María Santamaría Serantes (1º B)
Ningún comentario:
Publicar un comentario