mércores, 20 de xaneiro de 2016

Árbore

Calquera planta de tamaño grande, cun tronco leñoso e elevado que se divide en pólas a partir dunha certa altura.
Hai varios tipos de árbores, coma o carballo, o castiñeiro, a laranxeira e moitas máis.

Exemplo: "Plantei a miña árbore no xardín, é un limoeiro".



Por Lara Portas Carballa (1º C)

venres, 8 de xaneiro de 2016

Solarium



Todos os días me ergo cun sorriso pensando que sigo estando en Solarium xunto a miña mellor amiga, Lira, camiñando polos verdes prados, sen preocuparme de nada. Entón volvo á realidade; decátome de que non volverei xamais, que non verei nunca a Lira. De súpeto escoito a miña nai berrar:

-         - Vicki, baixa a almorzar!

Perdón, non me presentei. Chámome Vicki, teño doce anos, o pelo loiro cunha mecha laranxa, gústame o balonmán, pintar e facer coreografías.

Agora xa podemos seguir coa historia.
Solarium é un mundo que está noutra dimensión. É un mundo parecido ao noso, pero non hai contaminación. Hai verdes prados, árbores fermosas, altas e verdes; tamén hai seres que non son humanos:




O mundo Solarium está dividido en catro partes . É un mundo moi estraño dividido desta maneira:



Cada parte ten un rei:

 PARTE
 REI
 Xaxún
 Sadide
 Gala
 Lóbra
 Cóspeda
 Tam
 Vasíl
 Angún

Todos os reinos se levan ben entre si e nunca pelexan. Eu cheguei a ese mundo tan extraordinario grazas ao meu amuleto; cando o mundo está en perigo, empeza a producir luz.
Ben, teño que deixarvos. Miña nai impaciéntase.

P.D.: Si, estou triste por non volver a Solarium, pero así estou máis tranquila porque sei que non está en perigo.
Adeus.




Por María Santamaría Serantes (1º B)














Lumarada


Fogueira grande e limentada con máis obxectos ca leña.

Unto


Graxa dos animais, especialmente a de porco, que se emprega para cociñar substituíndo o aceite.

Dicir


Expresar con sons as palabras formando oracións.

Por Lucía Fontán Bemposta (1º A)

Veleno


Substancia perigosa que pode chegar a matar a unha persoa.
Sinónimos: pezoña.
"Cando o ía comer, deuse conta de que tiña veleno." 

Por Marta Da Silva Fernández (1º C)

O nariz

 

Parte do corpo que se atopa na cara, enriba da boca; serve para ulir e respirar. É o órgano do olfacto.
Sinónimos: napias, trompa e nefres.
"O nariz de teu irmán está cheo de pencas"


Por Ricardo Burela Mosteiro (1º A)

Dicir


Expresar con palabras os pensamentos.
Sinónimo: falar.

Por Noa Otero Rial (1º A)