Mamífero acuático duns 2'5 metros de lonxitude, de cor agrisada. Ten un fociño longo, en forma de pico, e unha boca bastante grande con pequenos dentes, Vive en mares cálidos e temperados. Aliméntase de peixes e luras. Sae á superficie para respirar. Son rápidos, intelixentes e doadamente domesticables. Son capaces de realizar tarefas complexas, comunicarse entre eles e vocalizar sons parecidos ás palabras.
"Os golfiños xogan á pelota no acuario"
Por Lara Portas Carballa (1º C)
Ningún comentario:
Publicar un comentario