O GALEGO TEN PREXUÍZOS
LINGÜISTICOS
Meaño, Alejandro Barbeito e Pablo Fariña (2º A)
Dende o
franquismo, o galego ten prexuízos, porque en Galicia, fálanse dúas linguas que
non están na mesma situación.
Os castelanfalantes poden realizar actividades
cotiás como ir ao cine, ler o xornal, xogar aos videoxogos… mentres que os
galegofalantes non poden facelo na súa lingua.
Os galegofalantes saben falar
galego e castelán, mentres que os castelanfalantes saben falar castelán, pero
cústalle falar galego.
Ao galego pásalle cómo ao polaco,
que ás veces confúndeno cun dialecto do ruso.
O galego fálano cada vez máis as
persoas maiores, xa que os mozos son dende pequenos son instruídos no castelán.
Algo que a xente non sabe, é que
a nosa lingua é diferente e única porque só a falamos nós. Ademais, por número
de falantes é a número 160 entre as
5.500 linguas do mundo, e a 23 entre as 150 europeas. Polo cal se
demostra que o galego é unha lingua moi importante, e debería de ser máis empregada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario