xoves, 7 de abril de 2016

Moucho


Ave rapaz nocturna da familia dos estríxidos, de cor parda con pintas brancas nas partes superiores, abrancazada con riscas verticais castañas nas inferiores e ollo amarelos e grandes. Aliméntase de insectos como os escaravellos. Comen tamén miñocas, paxariños ou mamíferos pequenos coma os ratos ou musarañas, anfibios,...

"Gravei un vídeo no que aparece un moucho nunha árbore facendo sons. E despois síu voando".

Por Lara Poras Carballa (1º C)

Xornal


Periódico diario de papel, onde aparecen noticias. Ten varios apartados e pode levar cor ou non. É do tamaño dun libro alto e estreito con varias páxinas.

Sinónimo: diario.

Chatola


Cravo metálico de cabeza redonda que serve de reforzo aos zapatos usados nas tarefas do campo.

"Teño que levar os zapatos ao zapateiro para que lles poña unha chatolas".



Xeonllo


Articulación media da perna. Serve para que a xente poida camiñar, choutar,... Tamén se pode dobrar. É unha das articulacións do noso corpo que máis se usa e da máis importante.

Variantes: xollo
Familia lléxica: axeonllar.

Mario Leiro Martínez (1ºB)

Xiringa



Instrumento formado por un tubo oco de cristal ou plástico, dentro do que se move outro tubo en forma de émbolo que se emprega para absober un líquido, xeralmente medicinal, e despois expulsalo ou inoculalo a presión.

Utilízase normalmente para otmar xarope ou para quitar sangue. As de plástico veñen normalmente coas caxas de medicamentos líquidos xunto cun minivaso de 5mm.



Por Mario Leiro Martínez (1ºB)

Xoaniña


Insecto coleóptero de forma case esférica. É vermella e negra con pintas negras, ten seis patas. Son herbívoras e poden voar. Son moi pequenas.

Sinónimos: reirrei, barrosiña, maruxiña, xoana.


Por Mario Leiro Martínez (1º B)

Soliño



Pau que une o xugo nos carros de dúas vacas.



"O soliño do meu carro rompeu e agora non podo ir á herba".




Por Martín Rodríguez Arosa (1º A)