venres, 22 de maio de 2015
xoves, 14 de maio de 2015
Amorodo
Froita de cor vermella comestible rica en Vitamina A, C e B9
Morodo , morote, morogo
"Atopamos uns amordos no camiño de volta da escola"
Xoaniña
Insecto coleóptero de cor vermella con topos
de cor negra.
Barrosiña, costureira, reirrei, voaniña.
Por Alba Paz
Estralote
Planta herbácea, de ata un metro de altura,
follas ovais e dentadas e flores de cor púrpura en forma de dedal.
Dedaleira, dixital, borleta, sanxoán,
abeluria, croque, seoane.
“Collamos os
estralotes e estoupémolos!”
Por Alba Paz
Nubrado
Ceo cuberto ou escurecido de nubes.
Anubrado, atoldado, toldado
“Colle o
paraugas que o ceo está nubrado”
Por Alba Paz
Reloxo
Aparello que mide o tempo que tardas en
cumprir todos os teus soños.
“Un bo
agasallo pra Xoaquina é un reloxo, sempre está preguntando a hora”
Por Alba Paz
mércores, 6 de maio de 2015
Randeeira
Cadeira colgada na que normalmente os pequechos e só algúns adultos
excepcionais se balancean imaxinando que voan.
"Mira que ben o pasan estas dúas na randeeira!"
Por Carmen Vera (4ºB)
Estrada
Camiño asfaltado ou empedrado por onde
circulan os vehículos.
“Non lle
gusta conducir por esta estrada porque é estreita “.
Por
Alba Paz, 4º B
Ceo
Espazo que aparece sobre nós como unha bóveda
limitada pola liña do horizonte.
“Atravesou o ceo un paxaro a moita
velocidade”.
Por
Alba Paz, 4º B
Auga
Líquido incoloro e transparente, formado por
osíxeno e hidróxeno onde habitan moitas especies de seres vivos.
“Pásame
a xerra de auga, estou sedento”.
Por
Alba Paz, 4º B
Herba
Conxunto de
plantas sen tecidos leñosos que nacen nun terreo.
“A herba
do campo de fútbol parece ben coidada”.
Por
Alba Paz, 4º B
Praia
Ribeira case plana do mar ou dun gran río
cuberta de area.
“Hoxe
como está bo tempo poderiamos ir a praia”.
Por
Alba Paz, 4º B
Area
Substancia composta de partículas de minerais.
“A area
está húmida, acaba de baixar a marea”.
Por
Alba Paz, 4º B
martes, 5 de maio de 2015
Fervenza
Desnivel brusco no leito dun río que provoca a caída de auga desde certa altura.
"Esta fin de semana asistimos ao espectáculo da liberación da fervenza do Ézaro."
Sinónimos: abanqueiro, cadoiro, freixa, ruxidoira, salto, ...
Arco da vella
Fenómeno luminoso en forma de arco que presenta as sete cores do espectro cando o sol atravesa as gotas da chuvia.
"O arco da vella é un fenómeno da natureza abraiante."
Sinónimos: arco iris, contrasol.
Cogomelo
Fungo cun pé e rematado nunha especie de sombreiro. Algúns son comestibles e outros velenosos.
"Hoxe ceamos uns cogomelos á grella que apañamos no monte de Simes."
Sinónimos: cogordo, cornecho, chopo, chouparro, choupín, fungo, ...
Doces
Comida que se adoita tomar na sobremesa e que contén grandes doses de azucre.
"Hoxe temos visita, así que vai mercar uns doces para acompañar o café."
Cunca
Recipiente de diversos materiais para conter líquidos.
"Colle as novas cuncas do café que hoxe temos visita."
luns, 4 de maio de 2015
Bolboreta
Fermoso insecto voador posuidor de grandes e vistosas ás.
"As bolboretas son moi rebuldeiras e traen cor e ledicia á primavera"
Sinónimos: papoia, avelaíña, choruma.
Xanela
Van pequeno nun edificio polo que entra a luz e o aire; ventá pequena.
"Imos ter que arranxar a xanela porque co temporal de onte rompeu un cristal"
venres, 1 de maio de 2015
Esquío
Mamífero roedor que posúe un rabo moi longo; aliméntase de piñas, noces,... e vémolo saltando de árbore en árbore.
"No monte atopamos moitas piñas roídas polos esquíos."
Cadeira
Asento xeralmente de catro patas e cun respaldo para unha soa persoa.
"As cadeiras da cociña xa están vellas, cómpre cambialas por outras."
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)