martes, 24 de marzo de 2015

Roseira




Arbusto espiñoso e  florido, representante principal da familia das rosáceas. Chámaselle rosa á súa flor e pode de ser de distintas cores como branca, rosa, vermella,…

SINÓNIMOS:
Rosal

EXEMPLOS:
“Imos corrtalles unhas flores á roseira para regalarlle un ramo á nai de Xan.”

Alba Paz (4º B)

Tellado


Cuberta dun edificio para protexelo dos fenómenos meteorolóxicos.

Exemplo: "Subín ao tellado para arranxar as tellas que rompeu o temporal de onte."

Texto de Haoyi Lan, Jaime Alfonso e Jorde Vidal (4º A e B) e imaxe de Alba Paz (4º B)

Pombal


DEFINICIÓN:
 Lugar onde se refuxian ou se crían pombas.


SINÓNIMOS:
Pombeira, torneira, ruleira


EXEMPLOS:
"Imos ver como lles dan de comer ás pombas no pombal."



Alba Paz (4º B)

Luscofusco



Momento do día entre o serán e a noite, cando se debuxan no horizonte as cores da retirada do sol.

SINÓNIMOS:
 Atardecer, serán, tarde-noite, devecer…

EXEMPLO:

“Gústaríame facer un cadro do luscofusco na praia da Lanzada, é fermoso.”


Alba Paz (4º B)