xoves, 19 de novembro de 2015

Bolboreta


Insecto, ou tamén lepidóptero, moi fermoso; ten o corpo alongado, con catro ás grandes e de cores xeralmente moi vistosas, producidas por unhas escamiñas, tamén chamadas polviño, que as cobre.

Sinónimos: choruma, paxarela, papoia.
Exemplo: "Vin unha bolboreta pousada nunha flor fermosísima."

Por Alejandra González González (1º B)

Azucre


Alimento moi doce que se usa para facer postres. A súa forma é granulada e ten cor branca.

Outras substancias doces: sacarosa, sacarina, edulcorante.

Exemplo: "Gústame o iogur con azucre."



Por Ricardo Buceta Mosteiro (1º A)

mércores, 18 de novembro de 2015

Vasoira


Utensilio consistente nun mango longo ao que vai unido un feixe de fíos flexibles co que se pode varrer.


"Coa vasoira nova o chan quedou limpísimo!"




Por Adrián Martínez Torres (1º C)

Lanterna



Farol ou lámpada portátil.
Sinónimo: foco.
"Meu pai usou unha lanterna para atopar unha moeda debaixo da cama".

Por Adrián Martínez Torres (1º C)

Escaravello



Definición: (s.m.) Insecto de corpo arredondado e ás curtas.

"Algúns escaravellos da pataca, son prexudiciais para a agricultura."

Por Óscar González Rey (1º B)

Néboa


Nubes baixas que impiden que se poida ver ben.
Sinónimos: brétema.
Exemplo: “Hoxe non podemos ir á montaña porque hai moita néboa e non veremos nada"

Por Mario Hermida Martínez (1º B)

Lucofusco



Momento entre a noite e o día en que a luz case desaparece e as cousas vense como unha sombra. Paréceme unha palabra moi fermosa porque representa unha paiaxe belísima.

Por Lucía Fontán Bemposta (1º A)

Vacaloura


Vacaloura [sf]: Insecto moi coñecido pola súa cornamenta esvelta. A min encántame xa que me parece un insecto moi galego. Aínda que haxa xente á que lle dea un pouco de noxo.
      
SINÓNIMOS: Escornabois{mas.}Escornavacas{fem.},
a parte de estes dous exemplos hai moitas mais maneiras de chamar á vacaloura: cabraloura, cornetán,...

Exemplo: "Antonte á tardiña atopei unha vacaloura, estaba nun carballo".”
  
                                                                     Por Vanesa Soutullo Varela (1ºA)

Xersei

Prenda de vestir moi abrigosa que te quenta no inverno. É pechado, sen botóns nin cremalleiras.

"Polo meu aniversario regaláronme un xersei moi bonito".

Por Lucía Gondar Casal (1º A)

martes, 17 de novembro de 2015

Lámpada




Utensilio que fai de soporte de luz artificial.
"Na miña casa hai moitas lámpadas, así que está moi ben iluminada".

Por Adrián Martínez Torres (1º C)

Meixela


Meixela: cada unha das partes da cara que sobresaen debaixo dos ollos.

"María deulle un bico nas meixelas a Pedro"





Alzadeiro


Alzadeiro ou arzadeiro: moble onde se garda a louza.

"Patricio foi á cociña para coller un prato no arzadeiro"

Por Christian Pichel Arosa (1º C)

luns, 16 de novembro de 2015

Golfiño


Mamífero acuático duns 2'5 metros de lonxitude, de cor agrisada. Ten un fociño longo, en forma de pico, e unha boca bastante grande con pequenos dentes, Vive en mares cálidos e temperados. Aliméntase de peixes e luras. Sae á superficie para respirar. Son rápidos, intelixentes e doadamente domesticables. Son capaces de realizar tarefas complexas, comunicarse entre eles e vocalizar sons parecidos ás palabras.

"Os golfiños xogan á pelota no acuario"

Por Lara Portas Carballa (1º C)

Xoaniña

Insecto voador pequeno, de cor vermella e con pintiñas negras. Atópanse no campo e nos xardíns. Son carnívoros, xa que se alimentan de pulgóns.

Por Amaranta Rial Abilleira (1º A)

Coello

Coello (s,m): animal herbívoro peludo, con dúas orellas grandes e que anda saltando sobre as patas traseiras.

"Hoxe merquei un coello branco moi bonito".

Cítase este animal no libro Contos de Reis e de Nadal de Miguel Vázquez Freire, publicado pola editorial Xerais: "Coa mesma paciencia do ano anterior ergueu unha vez máis os muros da súa casa. Cortou un novo carballo, un só, e fabricou outra táboa e outro leito. Tamén unha trampa para cazar coellos."

Por María Santamaría Serantes (1º B)

Tixola


Utensilio de cociña usado, especialmente, para fritir. consiste nun recipiente metálico, redondo e pouco profundo cun mango longo que serve para suxeitalo e manexalo.

"Vou fritir un ovo na tixola."

Por Lara Portas Carballa (1º C)

Golfiño


Mamífero cetáceo da familia  dos delfínidos. O oceánico vive en augas tropicais e subtropicais, próximas ás costas de ambas as beiras do Atlántico Norte e das de todo o Pacífico. Viven en grupos desde 30 individuos ata centos.
A súa dieta é variada, comen peixes pequenos, arenques, xardas, etc.

Por Aida Fernández Hermida (1º C)

Escandallo


Obxecto consistente nunha corda atada a unha pedra, que pola parte de abaixo é plana e lle botan graxa. Saber para saber o tipo de fondo mariño, a profundidade e o tipo de peixes que hai nesa zona.

Por Noa Otero Rial (1º A)

Paporrubio

Paporrubio (s,m): paxaro que ten o papo rubio e é moi pequeno.
Sinónimos: Pisco, paifoco, paporroibo.

"Todas as mañás canta un paporrubio na laranxeira".


Por Anxo Gonzalo Canay (1º A)

Bolboreta

Animal pequeno e lixeiro, que voa grazas ás súas ás de cores. Primeiro nace coma un verme e cando é adulto, nunha bolboreta.
Sinónimos: charuma, papoia.

"A bolboreta voa coas súas ás de cores"

Por Almudena Besada Amil (1º A)

Cunca



Cunca (s,f): obxecto que serve para tomar un líquido, coma o viño na comida.
Sinónimo: conca.
"Vou tomar unha cunca de viño"

Por Sergio Hay Torres (1ºA)

Néboa


Néboa: Condensación de vapor de auga en contacto co chan, como se fose unha nube preto do chan que reduce a visibilidade.

Sinónimos: brétema, calixe, fuscallo, nebra…


"Hoxe ao saír da casa non viamos nada".

Por Kevin Moraña Fernández (1º B)

Morriña



MORRIÑA: é un sentimento de tristeza por estar lonxe da casa e dos teus.
SINÓNIMOS: Saudade, nostalxia e soidade

EXEMPLO: “Sentía moita morriña en Suiza, cada vez que chovia recordábame a Galiza.” 

Por Xiana Pérez Vilar (1º B)

Cadeira



Cadeira:
Obxecto que serve para sentarse.
Está composta por un respaldo, catro patas e o asiento. Pode estar feita de madeira, plástico e aluminio e tamén pode conter tela.


"A cadeira que comprei o outro día é moi cómoda."

Por Almudena Meis Torres (1º B)

Bico



Bico: acción de xuntar os beizos con outra persoa. 


"El pideulle un bico porque esta namorado."


Por Almudena Meis Torres (1ºB)

venres, 13 de novembro de 2015

Parrulo


Parrulo: bebé de pato, vive na auga e na terra, poden ter plumas de diferentes cores.

Exemplo: "Fun de viaxe cos meus pais, paramos nun parque con animais e encontramos unha lavanca real cos seus parrulos seguíndoa."

Por Roberto Piñeiro García (1º C)

Landra



Landra (sm): alimento dos esquíos que medran nas árbores.

Sinónimos: Belota

Exemplo: "A landra que estaba na árbore caeu ao chan."

Por Gabriel Troncoso (1º B)

luns, 12 de outubro de 2015

Landra

Froito  dos carballos de  forma ovalada e de cor marrón




Mauro foi a por landras para darlle de comer aos porcos

venres, 25 de setembro de 2015

Cadeira

Asento individual con respaldo e en ocasión con brazos






Martiño sentouse naquela cadeira porque estaba moi canso

martes, 16 de xuño de 2015

Pomba

Ave de tamaño medio, transmisora de moitas enfermidades que adoita habitar nas cidades e súascores soen ser o gris e o marrón.

Os rapaces déronlle migas de pan as pombas para velas de máis cerca"

venres, 5 de xuño de 2015

Floco de millo

Grans de millo que se abre ó quentalo, consumidos xeralmente con sal ou manteiga

"Antes de entrar no cine para ver a película desexada compraron flocos de millo"

venres, 22 de maio de 2015

Tebras



Falta de luz

Escuridade, penumbra.

"Apagaron a luz e a habitación quedou en tebras"

xoves, 14 de maio de 2015

Amorodo



Froita de cor vermella comestible rica en Vitamina A, C e B9

Morodo , morote, morogo
 "Atopamos uns amordos no camiño de volta da escola"



Xoaniña


Insecto coleóptero de cor vermella con topos de cor negra.

Barrosiña, costureira, reirrei, voaniña.


Por Alba Paz

Estralote

Planta herbácea, de ata un metro de altura, follas ovais e dentadas e flores de cor púrpura en forma de dedal.

Dedaleira, dixital, borleta, sanxoán, abeluria, croque, seoane.

Collamos os estralotes e estoupémolos!”



Por Alba Paz

Arco da vella


“Os contos de vellas din que ao final do arco da vella atoparás un caldeiro cheo de ouro”

Nubrado


Ceo cuberto ou escurecido de nubes.

Anubrado, atoldado,  toldado

Colle o paraugas que o ceo está nubrado”


Por Alba Paz

Meniña


Abertura  do iris no ollo


A meniña dilátase cando ves a persoa que queres”


Por Alba Paz

Reloxo


Aparello que mide o tempo que tardas en cumprir todos os teus soños.


Un bo agasallo pra Xoaquina é un reloxo, sempre está preguntando a hora”

Por Alba Paz

Bandallo



Palabra escollida por Bruno Gondar e ilustrada pola nosa artista Mónica Pérez.

mércores, 6 de maio de 2015

Randeeira


Cadeira colgada na que normalmente os pequechos e só algúns adultos excepcionais se balancean imaxinando que voan.

"Mira que ben o pasan estas dúas na randeeira!"

Por Carmen Vera (4ºB)


Árbore


Planta leñosa que se ramifica a certa altura.


“Estiveron podando as árbores do veciño.”



Por Alba Paz, 4º B

Estrada


Camiño asfaltado ou empedrado por onde circulan os vehículos.

“Non lle gusta conducir por esta estrada porque é estreita “.

Por Alba Paz, 4º B


Ceo


Espazo que aparece sobre nós como unha bóveda limitada pola liña do horizonte.

 “Atravesou o ceo un paxaro a moita velocidade”.



Por Alba Paz, 4º B

Auga


Líquido incoloro e transparente, formado por osíxeno e hidróxeno onde habitan moitas especies de seres vivos.

“Pásame a xerra de auga, estou sedento”.


Por Alba Paz, 4º B

Herba



Conxunto de  plantas sen tecidos leñosos que nacen nun terreo.


“A herba do campo de fútbol parece ben coidada”.




Por Alba Paz, 4º B